Mostrando entradas con la etiqueta Os malos dos contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os malos dos contos. Mostrar todas las entradas
sábado, 4 de marzo de 2017
miércoles, 1 de marzo de 2017
miércoles, 22 de febrero de 2017
CATÁLOGO DE DISFRACES 2017
Coas
ordes do Meco, o luns deu comezo no noso centro o tempo de Carnaval que acadará o
seu punto culminante na festa do vindeiro venres. Para aqueles que aínda non
saiban de que disfrazarse a continuación teñen o noso particular catalogo de Entroido 2017.
miércoles, 1 de febrero de 2017
PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO
Comeza o mes de febreiro e con el o tempo de
Entroido. Este ano os malos e malas dos contos serán os protagonistas do
Carnaval da escola. Na nosa aula xa escollemos a malvada da que imos ir
disfrazados e andamos a voltas confeccionando os traxes. Marcar, recortar,
pegar, probar, seleccionar… ¡canto traballiño levamos! Mirade as fotos e seguro
que adiviñades que personaxe escollemos.
domingo, 13 de noviembre de 2016
viernes, 11 de noviembre de 2016
CARREIRAS DE VASOIRAS
Sen lugar
a dubidas as malvadas máis coñecidas dos contos son as bruxas. Nós aproveitamos
as súas vasoiras para a nosa sesión semanal de enredos e xogos.
jueves, 3 de noviembre de 2016
XOGANDO CON CAROZOS
Esta
semana os carozos que sobraron do Magosto do venres foron os protagonistas dos
enredos de onte. Comezamos construíndo a torre do conto de Rampunzel e
rematamos xogando a encestar para recollelos.
viernes, 21 de octubre de 2016
OS MALOS NA HORA DE XOGAR
Este curso a nosa sesión semanal dedicada aos
xogos tradicionais realizámola os mércores. Os nosos primeiros enredos do ano
académico tiveron como protagonistas as abelás con “Rabo de boi” e “Guante, guante”. Agora andamos a voltas cos malos. Baseámonos na
canción de Rosa León “Jugando al escondite” e substituímos o lobo polo personaxe malvado favorito de cada neno. Graciñas
a xardineira do concello temos a herba moi cortadiña e da gusto xogar fóra
nestes cálidos e solleiros días de outono.
sábado, 15 de octubre de 2016
jueves, 13 de octubre de 2016
MALVADOS E MALVADAS
O Ogro, O Lobo, O Zampón, A bruxa, A cabra,
Os cazadores, “El capitán Garfio”… cada día aumenta o número de malos e malas
que imos coñecendo. Xa limos todos os contos que tíñamos na nosa bolsa de
lectura e volvemos a enchela con máis que collemos da biblioteca escolar. Ademais
de ler as historias, estamos vendo as películas, escoitando cancións, traballamos cos nomes dos personaxes e, a partir deste venres, serán os protagonistas do noso
obradoiro de cociña. A continuación vos deixamos un conto musicado
de tres malos e unha avoíña que nos encanta.
jueves, 15 de septiembre de 2016
OS MALOS E MALAS CHEGAN Á HORA DE LER
Carapuchiña Vermella, Cincenta, O coelliño branco, As
sete cabuxas e o lobo, A casiña de chocolate … todos estes contos teñen en
común a existencia dun personaxe malvado entre os seus protagonistas. Nas vindeiras
semanas os malos e malas dos contos reinarán na nosa aula a partir da hora de ler que
cada día realizamos á volta do recreo.¿Quen
se anima a enviarnos un comentario cos nomes dos malvados e malvadas que coñecemos
esta semana?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















