Atopámola no libro “La vuelta al mundo en 180 adivinanzas”, na páxina dedica a
Xapón. Nunha preciosa ilustración da festa das cerdeiras veñen adiviñas en
tarxetas, en ventaíñas e na roda xiratoria. Hoxe a mañá acertámolas case todas
e seguro que vos na casa xa sabedes cal é solución que se agocha detrás da
portiña, agora soamente vos queda mandar un comentario coa resposta.
Mostrando entradas con la etiqueta Adiviñas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Adiviñas. Mostrar todas las entradas
lunes, 10 de marzo de 2014
domingo, 9 de junio de 2013
OREJAS…
Sabedes
xa que animal é… Vímola no libro “Orejas”
da colección “Adivina quien es” de Everest, a ilustración que acompaña a cada
adiviñanza mostra unicamente as orellas do animal. Ao pasar a paxina pódese
saber de que animal se trata e coñecer os seus hábitos e costumes. ¿Necesitades
que vos mostremos as orellas do animal ao que fai referencia a adiviña elixida
para o mes de xullo, ou xa estades listos para mandar un comentario coa solución?...
martes, 28 de mayo de 2013
¿QUÉ VUELA?

No
noso calendario escolar de adiviñas xa chegamos a xuño. A que escollemos para
este mes é ben doada de acertar. O libro
onde a atopamos contén 21 adiviñanzas relacionadas con animais ou obxectos
que voan. Seguro que sabedes a resposta…
Agora soamente vos queda mandar un comentario coa solución… ou necesitades máis
pistas…
martes, 21 de mayo de 2013
ADIVIÑA PARA O MES DE MAIO
¿Estades
preparados?... Ven no libro “Adivinanzas”
da editorial La Galera, o exemplar trae solapas para agochar a resposta, hai que
intentar descubrir que hai detrás, as ilustracións con gran sentido do humor,
axudan a conseguilo. ¿Tedes xa a solución para enviar un comentario?...lunes, 13 de mayo de 2013
ADIVIÑAS DE PAPEL
Este
é o libro de adiviñanzas
que escollemos para o mes de abril. A elixida parece difícil pero como pista
diremos que antes estivemos lendo adiviñas de Gloria Sánchez
relacionadas coa escola. ¿Tedes xa a resposta para enviarnos un comentario?...sábado, 4 de mayo de 2013
ADIVINANZAS DE ANIMALES
Aínda
que a que escollemos para o mes de marzo é moito máis difícil que as
anteriores, o titulo xa é unha pista. Sacámola da colección “Adivinanzas” da editorial La
Galera, do libro dedicado ás de animais.

Cada unha das adiviñas que aparece no
exemplar, ven acompañada de tres pistas para axudarnos a acertalas. Traballámola o mércores e seguro
que máis dun cativo lémbrase da solución. ¿Quen nos envía un comentario coa
resposta?... se non recibimos ningún, comezaremos coas pistas que proporciona o
libro.
sábado, 27 de abril de 2013
UNHA ADIVIÑA DEDICADA A CERVANTES…
No seu momento dixémoslle: “¡Ata
pronto!”, e aquí a temos de novo, falamos de Gloria Fuertes, unha das nosas
poetisas favoritas. Do seu libro “Adivinanzas
de Gloria” sacamos a que escollemos para o mes máis curto do ano. Seguro
que con tantas pista xa sabedes a solución, agora soamente vos queda mandar un
comentario coa resposta.
E esta tarde, ás 18:00 horas, non
os esquezades que tedes unha cita no Auditorio de
Ribadumia co espectáculo "A
nena e o grilo nun barquiño" baseado no novo disco-libro de Magín Blanco. Para os que desexen
ir practicando as cancións aquí vos deixamos unha mostra.
jueves, 18 de abril de 2013
XOGANDO ÁS ADIVIÑAS

Seguimos
co noso calendario de adiviñas. Esta semana cambiamos de ano, pasamos ao 2014 e
tocoulle quenda a xaneiro. ¡Que ilusión fai lembrar que o día 6 é festivo
porque veñen os Reis Magos!, despois todas as conversas dos cativos xiraban ao
redor do que lle pensaban pedir As Súas Maxestades. Pero antes disto, no libro “Xogando ás adiviñas”, limos varias e descubrimos que cada vez cústanos menos atopar a solución. ¿E
vós, sabedes xa a resposta á desta semana?...
viernes, 12 de abril de 2013
¿CAL É O ANIMALIÑO?...
¿Preparados para a
seguinte adiviña?... Nesta ocasión a súa autora é Gloría Sánchez, dela xa coñecíamos as súas poesías pero non leramos as súas adiviñanzas. O mércores, no seu libro “Adiviñas de animais” vimos unha chea delas e estivemos lembrando algún dos libros que máis nos gustaran: “Dez piratas”, “Rimas con letra”…
Se queredes familiarizarvos coas
súas obras, fai un par de anos foi a escritora
homenaxeada no Salón do Libro
de Pontevedra e realizamos unha guía de lecturas á que podedes acceder
clicando aquí.
Para o
calendario escollemos unha das máis doadas, seguro que xa todos sabedes cal é a solución…
¿Quen se anima desta vez a enviarnos un comentario coa resposta?...
Se queredes familiarizarvos coas
súas obras, fai un par de anos foi a escritora
homenaxeada no Salón do Libro
de Pontevedra e realizamos unha guía de lecturas á que podedes acceder
clicando aquí.
Para o
calendario escollemos unha das máis doadas, seguro que xa todos sabedes cal é a solución…
¿Quen se anima desta vez a enviarnos un comentario coa resposta?...miércoles, 3 de abril de 2013
¿QUE COUSA SERÁ?...
No
libro “Adiviñas” que
temos na biblioteca de aula atopamos a que eliximos para o mes de novembro.
Nesta
ocasión optamos por unha máis difícil cas anteriores. Como pista diremos que
non fai referencia a ningún conto e que seguro que todos temos varias na casa. ¿Quen
será o primeiro ou primeira en enviarnos un comentario coa solución?...
Nesta
ocasión optamos por unha máis difícil cas anteriores. Como pista diremos que
non fai referencia a ningún conto e que seguro que todos temos varias na casa. ¿Quen
será o primeiro ou primeira en enviarnos un comentario coa solución?...sábado, 16 de marzo de 2013
ADIVINA DE QUE CUENTO SOY
Este
é o título do libro onde atopamos a adiviña que eliximos para o mes de outubro.
Por agora seguimos coas relacionadas cos contos dos Irmáns Grimm. Esta obra
ofrécenos a oportunidade de poñer a proba o que sabemos dos personaxes dos
relatos clásicos a través de adiviñanzas, con pistas claras para que todos as
poidamos acertar. Seguro que xa sabedes a solución … ¿Quen se anima a enviar un novo
comentario coa resposta ao mes de outubro?.jueves, 7 de marzo de 2013
ADIVIÑAS PARA TODO O ANO
O
noso calendario escolar do vindeiro curso xa está en proceso de elaboración. Este
ano ímolo dedicar ás adiviñas. Como andamos a voltas cos Irmáns Grimm,
comezamos co libro “El país de las adivinanzas”. Nel
hai que descubrir obxectos ou personaxes relacionados cos contos
clásicos.
Para agochar a resposta, colocamos unha portiña… Nas vindeiras
semanas iremos completando o noso particular almanaque do curso 2013 / 2014. Con
cada mes traballaremos un libro de adiviñas e animámosvos a resolver a que
elixamos. Para empezar… ¿quen nos envía un comentario coa solución á do mes de
setembro?...viernes, 23 de noviembre de 2012
GLORIA E AS ADIVIÑAS
Na nosa
biblioteca de aula temos un libro novo de Gloria Fuertes que nos encanta: “Diviertete
con Gloria Fuertes”. Ten ilustracións grandes, versos para debuxar, para
xogar… e un poema que ultimamente nos gusta moito: “La
araña de España”. Especialmente cando
recitamos ¡TACATÁ, TACATÁ! a ritmo de palmas con toque flamenco. Probade na
casa cos cativos, seguro que vos divertides.
Pero
Gloria ademais de contos e poemas, tamén escribía adiviñas. Esta semana traballamos unha moi relacionada co proxecto que estamos a desenvolver ao redor
de Exipto, a ver se a acertades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



