Unha cunca, un paraugas, unha bandexa, unha hucha, un plano… son moitas as cousiñas que, coa axuda das familias, recompilamos nestas semanas para montar o noso recuncho de Londres. Todo isto axudounos a descubrir aspectos desta cidade e facilitou que nos familiarizaramos un pouquiño con ela. Aínda nos queda moito por aprender pero, o trimestre remata, e chegou o momento de continuar viaxe… para os que quedaran con ganas de máis, aquí deixovos este vídeo do libro “Londres para niños” do que xa falaramos con anterioridade.
Mostrando entradas con la etiqueta Londres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Londres. Mostrar todas las entradas
sábado, 17 de diciembre de 2011
domingo, 4 de diciembre de 2011
SE VAS A LONDRES…
Dende que recibimos a carta de Félix anunciándonos que estaba en Londres, son moitas cousiñas as que fomos vendo desta cidade. Con algunhas delas confeccionamos esta pequena “guía de viaxes” para ensinarvos que se pode facer “Se vas a Londres…”, a ver se vos gusta…
Aínda que se o que preferides son edicións impresas, recomendámosvos estes dous libros que temos na nosa biblioteca.
jueves, 24 de noviembre de 2011
REIS E RAÍÑAS...

Fai unhas semanas, coa viaxe de Félix por Londres, coñecemos á raíña Isabel II. Onte, o que descubrimos moitos de nós, foi que en España tamén temos un rei. Vímolo no xornal, levaba unha “tirita” no nariz que, como dixo Ángela, parecía o “X” de Anxo. Hoxe escribimos o seu nome, o da raíña e fixemos de pintores das Súas Maxestades.domingo, 6 de noviembre de 2011
A TORRE DE LONDRES
Xa viramos debuxos dela en "Cartas de Félix", pero neste vídeo puidemos coñecela por dentro. Sabíamos que era un castelo pero nos sorprendeu que houbera corvos. Segundo a lenda, se estes desapareceran derrubaríase a torre, e con ela o reino, por isto, córtanlle os estremos dunha das alas para evitar que escapen. Anxo xa nos contou que a súa avoa tamén llas corta ás galiñas…martes, 25 de octubre de 2011
O RÍO TÁMESIS
Pouco a pouco imos aprendendo cousiñas de Londres. Onte no encerado interactivo estivemos vendo o río Támesis ao seu paso pola cidade. Observamos a Ponte da Torre, o Parlamento coa Torre do Reloxo e escoitamos o Big Ben. Pero o que máis nos gustou foi a nora, chamada o ollo de Londres. Entre todos comezamos a
elaborar un plano da cidade, xa pintamos o río Támesis e colocamos a Ponte da Torre, a ver que tal nos queda cando estea todo rematado… 
jueves, 13 de octubre de 2011
FÉLIX ESTÁ EN LONDRES
![]() |
Sofía, a protagonista do conto “Cartas de Félix”, recibiu unha carta do seu peluche. En clase, tamén a limos e buscamos nela algunhas palabras significativas para aprender como se escribían á vez que nos imos familiarizando con este tipo de texto. Agora queremos investigar sobre esta cidade e o país onde está situada…
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





