jueves, 23 de febrero de 2023

EXCURSIÓN AO GROVE

 

Dentro do programa “Ti si que é un bo peixe” no que participa a nosa escola, hoxe fomos de excursión a O Grove para coñecer o mundo do mar e degustar algúns dos seus produtos.


Comezamos a xornada coa viaxe en autobús que sempre esperta a ilusión entre os máis pequenos.

Ao chegar visitamos a lonxa. Vimos algunhas das especies que se capturan, o etiquetado dos produtos pesqueiros e coñecemos o proceso da poxa.



Despois paseamos polo porto. Vimos os aparellos que se empregan para capturar o peixe e diferentes embarcacións.


A continuación, pasamos á Praza de Abastos onde observamos a gran variedade de peixes e mariscos que se poñen a disposición do consumidor.


Ao rematar deron agasallos para todos.

E por último, chegou o momento de coñecer os alimentos do mar dende o punto de vista culinario cunha merendola mariñeira. Que rica!

ENTROIDO 2023

Este curso por fin puidemos volver a celebrar o Carnaval xuntándonos todas as aulas do colexio. O Xurásico e a prehistoria foron os temas centrais dos disfraces de grandes e pequenos.

As familias prepararon uns traxes espectaculares e a ANPA varios decorados impresionantes.



A primeira hora da mañá o Maggo Deimi fíxonos rir e deixounos abraiados coa súa maxia.


Despois chegaron o baile de Entroido e os xogos.


Repuxemos forzas cunha rica merendola e saímos a realizar o desfile pola contorna.


O broche final púxoo a mestra Olalla de musica coa bonita actuación dos meniños a ritmo de bailes que tiñan a prehistoria como eixo central.

miércoles, 15 de febrero de 2023

LA CUEVA DE NICO

Como nos gustou este contiño que limos fai unhas semanas na biblioteca! 

 

Tanto que decidimos crear un cavernícola coma o protagonista. Xa vos ensinaremos o resultado cando o rematemos.

O COBAIA DE NOA

O venres tivemos en clase unha visita especial. Noa quixo amosarnos o seu coelliño de indias e tróuxoo á escola a pasar a mañá connosco. Non o tocamos para non molestalo, pero puidemos observalo e descubrir como se movía e comía.

CARAS DE FILLOAS

 

É tempo de Entroido e chegan as filloas. A nosa proposta culinaria da fin de semana pasada veu cargada delas, pero cunha versión divertida desta típica sobremesa.

Na nosa receita suxerimos diversas froitas que vimos neste enlace, pero cada chef elabora a súa propia variedade.


Cada unha é diferente pero primeiro temos que preparar a masa.

Despois cociñala con moito coidadiño.

Por último escoller as nosas froitas favoritas.

E decorala como máis nos guste.

MANS E ÓSOS PREHISTÓRICOS DE ANA, NOA E LÚA

 

Xa temos máis fotos deses saborosos ósos e mans prehistóricos.

As nosas cociñeiras levaron moito traballiño.

Amasando, recortando e dando forma.


Pero o resultado foi espectacular.



lunes, 13 de febrero de 2023

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS DE ANA, LÚA E NOA

O casamento dos paxariños continua dando unhas elaboracións espectaculares en Leiro.


As nosas cociñeiras Ana e Noa tamén se animaron a facer a súa versión.


Levaron traballo pero ben bonito lles quedou.

A nosa chef Lúa, preparouou unha chea de tortiñas para a súa creación.

E o resultado foi xenial.

Para os que desexen recitar o poema para inspirarse mentres cociñan, aquí tamén volo deixamos.

REIS E RAIÑAS DA FROITA DO MES DE XANEIRO

 

Cada vez son máis as familias que se animan a incluír unha ou varias pezas de froita na merenda dos meniños. Mirade canto alumnado conseguiu coroarse o pasado mes de xaneiro comendo polo menos sete pezas de froita á hora do recreo.

miércoles, 8 de febrero de 2023

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS


Cada 2 de febreiro conmemorase o día da Candeloria. Segundo a tradición popular,  nesta data celébrase a voda dos paxariños. Un bonito xeito de sinalar no calendario o comezo do retorno das aves migratorias e os cortexos que anuncian o rexurdir primaveral.

Na nosa escola quixemos unirnos a este acontecemento con varias propostas. O poema “A Candeloria” serviunos para entrar en materia e aprender varias palabras na lingua de signos, ademais de enriquecer o noso vocabulario. Na contorna da escola, observamos os paxariños e escoitamos os seus cantos. Empregámolos coma base para traballar os números e as cantidades. E por suposto, levamos o evento as nosas propostas culinarias da fin de semana.

 Os nosos cociñeiros Noel e Noa xa nos enviaron ao correo as súas creacións.

Coa supervisión dun adulto cada día teñen máis destrezas e desenvolven novas habilidades.