Mostrando entradas con la etiqueta Dragóns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dragóns. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de abril de 2016

ZAPATOCAS EN ARAGÓN


Hoxe, na nosa visita semanal á biblioteca escolar, atopamos unha nova carta da nosa mascota e tres libros: “La leyenda de San Jorge”, “De la A a la Z… Aragón” e “Primeros Exploradores: Dinosaurios”. Lendo a misiva de Zapatocas rapidamente descubrimos a relación entre eles. San Jorge é o patrón de Aragón e nesta terra atoparon moitos restos de dinosauros, incluso hai un parque sobre eles: Dinópolis.

A carta tamén fala de Goya, o pintor que andamos a coñecer este ano, e de Fluvi, a pinga de auga coa que traballaron na aula de natureza.  Nos vindeiros días e ata final de curso esta Comunidade Autónoma será o noso novo obxectivo, xa vos contaremos.

lunes, 11 de noviembre de 2013

GUÍA DE LECTURAS DE DRAGÓNS

Coa festa do Samaín dimos por rematado o noso traballo ao redor dos libros de dragóns. Agora xa podemos levar para casa o noso conto de dragóns favorito. Para que todos teñades unha pequena recompilación dos fondos que hai na biblioteca relacionados co tema, aquí vos deixamos a seguinte guía de lecturas.

viernes, 1 de noviembre de 2013

SAMAÍN E MAGOSTO 2013

Aínda que chegaron os primeiros fríos do outono, os Teru Teru Bozu que construiramos con tanto agarimo a semana pasada, realizaron ben o seu traballo. O sol saíu con forza, foi quentando a mañá e, as familias, aínda que afumadas, asaron castañas para todos.
Exposición de cabazas decoradas, xogos con carozos, cancións, películas, bailes, contacontos e marcapáxinas con dragóns como protagonistas e, por suposto, obradoiro de cornetes para levar castañas asadas para casa.
Coma sempre, con tanta actividade entrounos fame e nada mellor que unha rica merendola ao sol cunha chea de doces preparados polas familias: biscoitos, tortas, rosquillas, chulas de calacú, filloas… ata terroríficos dedos monstruosos. Pero o mellor quedou para o final, a actuación do Mago Noel deixou abraiados aos pequenos e espertou a risa nos maiores. Graciñas a todos pola vosa colaboración e axuda. E os que desexen ver todas as fotos, poden visitar a galería do blogue do colexio, a súa páxina web ou clicar directamente aquí.




sábado, 26 de octubre de 2013

DRAGÓN, ¿ESTÁS AÍ…?

O vindeiro mércores día 30 celebraremos a festa do Samaín que este ano terá como tema central os dragóns. Temos previstos realizar diversos xogos que empezamos a practicar esta semana. Un dos nosos favoritos é “Dragón, ¿estás aí?", a nosa propia versión da canción “Jugando al escondite” de Rosa León, na que cada curso substituímos ao lobo por un personaxe relacionado co medo, este ano tócalle aos ¡¡DRAGOOOOONS!!... 



Por se vos animades a xogar en familia, aquí vos deixamos o vídeo coa canción…

martes, 22 de octubre de 2013

OS DRAGÓNS NA BIBLIOTECA

Xa sabemos que na nosa biblioteca escolar temos unha chea de contos de dragóns, pero se desexamos atopar os que queremos, temos que aprender tamén onde e como buscalos. Na zona de literatura infantil, os libros están organizados por editoriais.
Este luns estivemos analizando como eran os anagramas de cada unha delas e localizándoos na portada, contraportada ou nos lombos dos contos. Despois buscamos os símbolos das editoriais nos andeis e descubrimos onde ten que estar colocado cada conto. Cando rematemos de traballar cos libros de dragón, xa sabemos onde temos que coller os nosos favoritos para levalos en préstamo a casa.



jueves, 17 de octubre de 2013

NA HORA DE LER: CONTOS DE DRAGÓNS

Dende que a semana pasada coñeceramos a lenda xaponesa da carpa que se converteu en dragón,  decidimos dedicar a hora de ler aos contos de dragóns. O nacemento do dragón, El tesoro perdido de la cueva del dragón, Dragones, La leyenda de SanJorge, Os dragóns do arco da vella, El dragón Danilo… na nosa biblioteca escolar temos contos de dragóns para todos os gustos.
Hainos malos e bos, que dan medo ou fan rir, que viven en países afastados ou preto das aldeas … Estamos aumentando o noso vocabulario con palabras relacionadas co tema, aprendendo a debuxar dragóns, a recoñecelos... pero sobre todo, a perderlles o medo e a divertirnos con eles. O que resta de mes ímolo dedicar aos libros de dragóns, se na casa tedes material relacionado co tema podedes traelo a escola e aprenderemos todos xuntos.

jueves, 10 de octubre de 2013

A CARPA QUE SE CONVERTEU EN DRAGÓN

Conta unha lenda xaponesa que, toda carpa que consiga nadar río arriba e saltar a fervenza da porta do dragón, será recompesada e convertida neste ser mitolóxico. Varios peixes intentarono pero soamente a carpa Koi o conseguiu. É por isto que a carpa Koi é considerada como símbolo da perseveranza ante a adversidade. A partir desta bonita historia, na aula comezamos a ver como son os dragóns xaponeses. Descubrimos que teñen corpo de serpe, cabeza de crocodilo, cornos de cervo, melena de león, poutas de aguia e bigotes de carpa; pero a diferenza dos occidentais, carecen de alas para voar.