Os mércores temos clase de música coa mestra Olalla, pero
como tamén lle encantan as manualidades, cada semana nos sorprende cunha
diferente. Nesta ocasión fíxonos experimentar coas cores. Partindo das
tonalidades básicas vermella, amarela e azul, conseguiu unha gama cromática dun
xeito sorprendente: con vasos comunicados con papel de cociña. A través destas
orixinais pontes, comprobamos como a auga “camiña” ata encher os vasos baleiros
e mesturar as colores. no seguinte vídeo tedes o proceso por se queredes experimentar tamén na casa.
Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas
lunes, 29 de noviembre de 2021
CANTAS CORES!
lunes, 27 de enero de 2020
CINZA
O xoves
pasado, cando estivemos vendo no xornal as candidatas á ave do ano 2020, falamos
da cor gris cinza do Aguilucho cenizo. Moitos nenos non sabían que era a borralla ou
nunca a tocaron. Hoxe trouxemos a clase unha caixiña con ela, vimos a súa cor, comparámola
coa da ave e comprobamos como mancha. Pero sobre todo os meniños o pasaron en
grande experimentando co seu tacto e cos anaquiños de carbón que viñan
mesturados.
miércoles, 23 de enero de 2019
POMPAS DE XABÓN
Antes
de Nadal, o anuncio no xornal da
actuación de “Os Falulosos Cleaners” en Vilagarcia, serviunos de escusa para,
ademais de traballar co periódico, experimentar coas pompas de xabón e os obxectos da aula.
lunes, 3 de diciembre de 2018
O MONSTRO DAS CLOACAS
A
semana pasada, unha noticia que limos no Diario de Arousa levounos a descubrir ao monstro das cloacas. Alimentase das
toalliñas húmidas que tiramos polo váter e produce atascos nas depuradoras con
consecuencias moi danosas para o medio ambiente.
Primeiro
reflexionamos sobre onde va a auga cando tiramos da cadea do inodoro e que
pasaría se fora vertida directamente ao mar. Falamos das depuradoras e vimos o
seguinte vídeo para coñecer como funcionan.
Limos que
as toalliñas húmidas non se disolven coa suficiente rapidez como para
desintegrarse antes de chegar á depuradora de augas. Para comprobalo fixemos un
sinxelo experimento que podedes realizar tamén na casa. Metemos en dous envases
de auga diferentes unha toalliña e papel hixiénico, axitámolo e observamos o
resultado. Evidenciamos como o papel foise disolvendo mentres a toalliña
permaneceu practicamente intacta. A partir de agora temos claro que non podemos
tirar as toalliñas ao váter ou contribuiremos a alimentar ao monstro das cloacas.
viernes, 17 de noviembre de 2017
¿FLOTA OU AFUNDE?
lunes, 6 de noviembre de 2017
NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














