O noso seguinte protagonista na recreación de portadas é
un famoso futbolista. Seguro que todos recoñecedes a Erik nun conto no que
aparece practicando o seu deporte favorito. Moitas grazas por participar!
Quedouvos xenial!
lunes, 26 de abril de 2021
ERIK E O CONTO MUY FAMOSO
viernes, 23 de abril de 2021
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Chega a fin de semana e con ela a nosa proposta culinaria. Nesta ocasión queremos renderlle unha pequena homenaxe a Don Quixote elaborando uns divertidos muíños de vento. Unha forma diferente de celebrar o Día do Libro en familia.
E para ir quentando motores, nada mellor que esta alegre canción de Don Quixote.
Se vos animades, aínda estades a tempo de participar na proposta de recrear portadas. Ademais das colgadas no noso blog, podedes visitar o da aula de Ribadumia B e veredes unha chea de ideas divertidas.
jueves, 22 de abril de 2021
MARTA E O CONTO SOFÍA ALEGRÍA: EXPERTA EN UNICORNIOS
Marta é a primeira nena de Leiro en participar na proposta para conmemorar o Día do Libro. Na recreación da portada converteuse na protagonista do conto Sofía Alegría: experta en unicornios. Disfrazouse coma ela e ata imitou a súa postura á perfección. Moitas grazas!
jueves, 15 de abril de 2021
PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
O vindeiro día 23 celébrase o Día Internacional do Libro. Para conmemóralo Zapatocas compartiu connosco esta divertida proposta que realizaron noutros coles. Trátase de escoller un conto e, con materiais que teñades na casa e a vosa imaxinación, recrear a súa portada. Cando a teñades lista, mandade por correo electrónico a foto da portada orixinal do conto elixido e a foto coa vosa recreación a escoladeleiro@gmail.com. A modo de exemplo iremos publicando nesta entrada as que estamos a facer as mestras.












