Como sabedes,
co gallo da festa do Samaín que celebraremos o vindeiro xoves, andamos a
traballar ao redor das meigas. Unha das características destes personaxes
máxicos é a elaboración de apócemas para realizar feitizos. A proposta dende a
escola é que por un día convertámonos en bruxas e preparemos o noso propio
bebedizo. Hoxe xa comezaron a chegar as receitas dos beberaxes
ideados polos cativos coa axuda das súas familias. A súas finalidades son do
máis diverso: para converternos en bruxa, paxariño, facer chover, ser forte …. Con todos eles confeccionaremos un libriño
de centro pero lembrade que para participar tedes que entregalo como moi tarde o luns,
animádevos a colaborar. Para os que necesiten inspiración a continuación lles
deixamos as propostas dos compañeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario