Onte,
o programa de Radio Voz interesouse polo traballo desenvolvido polos nenos da
escola na aula de natureza. Entrevistaron á mestra Ana para coñecer de primeira man as
actividades que con eles realiza: o cultivo de verduras e hortalizas no invernadoiro, o coidado do noso xardín dos sentidos, as tarefas de concienciación ecolóxica e reciclaxe,
a elaboración de receitas cos produtos da horta …
O último, un
proxecto sobre os caracois
que dará moito que falar. Se queredes escoitar o documento sonoro na súa
totalidade facede clic neste enlace e escoitade a partir do minuto 33, veredes como ao final da
entrevista ata o locutor quere volver a ser meniño para vir á aula de natureza. ¡Parabéns Ana! .
FELICIDADES A TODAS AS MESTRAS POR TODO O VOSO TRABALLO E ENTREGA
ResponderEliminarGraciñas María polo teu comentario
ResponderEliminar