“La Plaza de España”,
“La Giralda”, “La Torre del Oro”… estes
son algúns dos monumentos que viñan representados nas fotos que nos trouxo
José. O xoves empregámolas como escusa para visitar esta cidade a través do vídeo
que vos deixamos a continuación. Gustoulle moito aos cativos, especialmente
pola música que o acompaña nos primeiros minutos.
Despois traballamos ao redor da denominación
de cada edificación pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lles apetece aos meniños é que
argallemos algo cos coches de cabalos típicos desta cidade, a ver que se nos
ocurre…
No hay comentarios:
Publicar un comentario