Coa finalidade de axudar aos pequenos no paso
do ambiente familiar ao escolar, da gardería ao segundo ciclo de infantil ou no
cambio dun centro a outro, a principio de curso organizamos cos novos alumnos o
que denominamos “o período de adaptación”. Como ven recollido no libro “O proceso de adaptación. E ti … vas á escola?”, “o período de adaptación é o
intervalo temporal que nenas e nenos precisan para asimilar os cambios
producidos na súa vida ao incorporárense ao centro escolar, ao pasar dun
ambiente que coñecen e dominan a outro descoñecido. Chegar por primeira vez a
un lugar novo non é fácil para ninguén. Neste proceso de adaptación as nenas e
os nenos deben coñecer ese lugar, facelo propio, chegar a gozalo, establecer
vínculos de relación... e isto leva o seu tempo, de aí a consideración de
sentir o proceso de adaptación como unha necesidade do alumnado.” Aínda que aclararemos todas as dúbidas o día
da reunión de principio de curso, na seguinte táboa recollemos a distribución horaria
do período de adaptación que deseñamos axustado ao contexto da nosa aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario