jueves, 3 de septiembre de 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015/16


Tras o período de vacacións estival chega a volta as aulas e dende a nosa escola queremos dar a benvida a todas as familias. Para os que desexen ir organizando o novo curso, neste enlace poden consultar o calendario escolar 2015/16. Para concretarlles todo o que vai acontecer no noso centro, o vindeiro xoves 10 ás 10:00 horas, teremos a reunión informativa de principio de curso. Nela falaremos, entre outros, dos seguintes temas:
ü  Información xeral sobre o curso 2015/2016 e normas de funcionamento.
ü  Horarios dos nenos, mestres especialistas e de atención ás familias.
ü  Calendario escolar. Excursións, festas e saídas.
ü  Biblioteca escolar: normas de funcionamento e empréstito. As mochilas viaxeiras
ü  O xardín e a nosa horta escolar.
ü  Blog da escola.
ü  Período de adaptación dos novos alumnos.
E, por suposto, aclararemos todas as dúbidas e escoitaremos as vosas suxestións. As familias virán acompañados dos alumnos. Mentres a titora fala convosco, eles quedarán a cargo doutra mestra realizando diversas actividades e xogos. Se teñen calquera dúbida poden chamar á escola ou enviarnos un correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com.

2 comentarios:

  1. Ya se sabe el material q necesitan los de 3 años.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O material é unicamente o que se publicou en xullo no blog do centro na entrada http://craderibadumia.blogspot.com.es/2015/07/material-complementario-para-o-curso.html. Se teñen dubidas falaremos del na reunión do xoves.

      Eliminar