¡Mirade na foto canto medraron todos durante
as vacacións!... Agora os pequenos son medianos e os medianos maiores. ¡E como
lles gusta iso de ser maiores!. Aínda que onte foi o primeiro día de escola e
xa puideron xogar e enredar cos seus amigos, esta mañá foi realmente cando
comezamos coas rutinas e o traballo diario.
Todos portáronse de marabilla e axudaron
a coidar dos pequerrechiños que acaban de iniciar o seu período de adaptación. Para
estes últimos hoxe foi o primeiro día que quedaron na escola sen a compañía da
súa familia. Mirade nas seguintes imaxes que ben o pasaron enredando no
recuncho da casiña. Esperámosvos o luns para seguir xogando e coñecendo os
espazos da nosa escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario