Os maiores da escola tiveron unha mañá do máis emocionante. Fomos no
transporte escolar ata o que será o seu futuro colexio. Coñeceron os seus compañeiros
do vindeiro curso e algunhas das mestras. Visitamos as aulas de primeiro e de
música, a biblioteca, o comedor … A profesora de inglés leunos un conto moi
divertido e ensinou algunhas palabras nesa lingua. Coa mestra de música
cantamos, bailamos e ata aprendemos como relaxarnos cun “agradable masaxe
musical”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario