A semana pasada o noso recuncho de Alemaña
tivo unha achega moi especial: unha pirámide de Nadal. A maioría de nós nunca escoitara falar dela pero Rita, ademais desta
preciosa construción de madeira, tróuxonos información ao respecto. É unha
especie de carrusel con forma de pirámide rematado cunha hélice que se move ao
prender as candeas da base. Emprégase como elemento decorativo de Nadal nalgunhas
zonas do país xermano e algunhas poden alcanzar o tamaño dun edificio.
Ver cada un dos seus pisos cheos de figuriñas
encantounos, pero comprobar como se movían as aspas ao acender as candeas, deixounos abraiados.
Neste enlace podedes
volver a ver como montan a Pirámide de Nadal no mercado de Nadal de
Schweinfurt.
Unha vez máis graciñas ás familias por compartir connosco os seus pequenos tesouros.
Unha vez máis graciñas ás familias por compartir connosco os seus pequenos tesouros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario