Hoxe quedamos
abraiados co insecto que nos trouxo Carlos nunha caixiña. Tratábase dun insecto pau de cor marrón. Tras observalo buscamos na biblioteca libros que nos
aportaran información sobre estes curiosos animaliños. Descubrimos que tamén poden ser de cor verde
e que durante o día case non se moven para pasar desapercibidos. Nun dos
exemplares que consultamos vimos tamén o insecto folla e, noutro, estaba
tan ben camuflado que custounos atopalo na páxina que indicaba o índice.
No hay comentarios:
Publicar un comentario