jueves, 2 de octubre de 2014

¡CANTAS NOVAS!

En “La Voz de Galicia” que nos trouxo Mencía vimos como pintaban a autovía do Salnés. Aos cativos chamoulle a atención como ían vestidos os operarios e falamos sobre a importancia de levar chalecos reflectores. Tamén descubrimos unha foto dunha paisaxe que parecía neve, pero logo comprobamos asombrados que se trataba da cinza expulsada por un  volcán xaponés que entrou en erupción e que moitos viran na televisión.  Pero sen lugar a dúbida, a noticia que más espertou o interese viña en o “Faro de Vigo” e o “Diario de Arousa” que nos deu a mamá de Pablo: os personaxes da saga de “Star Wars  no “V Festival de las Cometas” a favor dos nenos con autismo.
A pesar disto, ningunha destas noticias foi a elixida para hoxe … ¿Quen se lembra que animal da selva vimos no Diario de Pontevedra e a redor do cal traballamos esta mañá?...  Animádevos a mandar un comentario coa resposta.
Non podemos rematar esta entrada sen agradecer a todas as familias a súa axuda e colaboración para que xornais e a información estean presente na nosa escola. Graciñas.

2 comentarios: