miércoles, 1 de octubre de 2014

¡CANTOS LIBROS DA SELVA!


O luns aproveitamos a nosa visita semanal á biblioteca para buscar e ver os libros que temos que falan da selva. Descubrimos que hai moitos e gozamos ollándoos todos. É impresionante a cantidade de animais e plantas que neles puidemos observar. 
Nalgunhas ilustracións as árbores aparecen tal altas que necesitabamos despregar as follas a catro páxinas para velas enteiras. 
Pero sen lugar a dúbidas o que máis chamou a nosa atención foi “Yo exploro la selva”  de SM, polo efecto óptico que provocaba nas transparencias con fondo negro, unha simulación de lupa branca.

A mestra axudounos a reflexionar sobre como identificar os exemplares e como temos que facer para localizalos nos andeis. Fomos á zona documental e comprobamos que todos teñen a pegatina verde e os números 50 e 59 no “tejuelo” porque tratan da natureza e os animais respectivamente. Hoxe continuamos traballando ao redor do tema e atopamos nos títulos dos libros selecionados a palabra “selva”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario