En “La Voz de Galicia” que nos
trouxo Mencía vimos como pintaban a autovía do Salnés. Aos cativos chamoulle a atención como ían vestidos os
operarios e falamos sobre a importancia de levar chalecos reflectores. Tamén descubrimos
unha foto dunha paisaxe que parecía neve, pero logo comprobamos asombrados que
se trataba da cinza expulsada por un volcán xaponés que entrou en erupción e que moitos viran na televisión. Pero sen lugar a dúbida, a noticia que más
espertou o interese viña en o “Faro de Vigo” e o
“Diario de Arousa” que nos deu a mamá de Pablo: os personaxes da saga de “Star Wars” no “V Festival de las Cometas” a favor dos nenos con autismo.
A pesar disto, ningunha
destas noticias foi a elixida para hoxe … ¿Quen se lembra que
animal da selva vimos no Diario de Pontevedra e a redor do cal traballamos
esta mañá?... Animádevos a mandar un
comentario coa resposta.
Non podemos rematar esta
entrada sen agradecer a todas as familias a súa axuda e colaboración para que
xornais e a información estean presente na nosa escola. Graciñas.
Rita di: Mono Leon Dorado
ResponderEliminar¡Bravo Rita!
ResponderEliminar