E para
celebralo xa temos lista a exposición “Mamás traballadoras de Leiro” que comezaramos
co gallo do Día da Muller Traballadora baseándonos nas maternidades de Picasso. Cando empezamos co tema, moitos dos
cativos non sabían como se chamaban a súa nai. Eles tíñano claro: “mamá
chamase ¡mamá!”. 
Agora, ademais de ter unhas fotos preciosas que os nenos no
paran de mirar, todos sabemos os seus nomes, e non soamente o da nosa,
tamén as dos nosos compañeiros.
Para coñecer mellor a eses marabillosos seres que nos
coidan día a día, estamos a desenvolver un pequeno proxecto ao redor delas. Esta
semana iniciamos o tema descubrindo cal era a súa cor favorita: verde, amarelo,
violeta, marrón … pero a gran triunfadora foi a azul …
Fixemos un listado, consultámolo para
copiar as dos nosos amigos, axudámoslles a escribilo aos que se lle resistía
algunha letra, comparamos, matizamos a tonalidade: “A verde non, a verde claro
é a que ela prefire”. Esta fin de semana toca a gastronomía. ¿que lle gustará
comer a nosa nai?...




No hay comentarios:
Publicar un comentario