A FESTA DOS MAIOS
Estaba
chovendo cando chegamos e choveu, choveu e choveu, toda a mañá. A pesar do mal
tempo as familias esforzáronse e trouxeron fiúncho dabondo, flores, laranxas e
ovos e, paseniño, entre todos, fomos vestindo o maio.
Primeiro as mestras colocaron
o fiúncho mentres os cativos facían os colares. Despois decorámolo coas flores
e os ovos, por último, as laranxas. Entre obradoiros con margaridas, follas de
papel e películas, chegou a hora da merenda.
Pasteis, biscoitos, galletas … ¡que
rico estaba todo!... Pero o mellor veu co grupo Alecrín. Coa súa música non
fixo falta o sol, o ambiente quentouse rapidamente e pequenos e maiores cantamos
ao ritmo do acordeón: “A saia da Carolina”, “O Pirmpinpín”, “O xogo da
Carrasquiña”… Unha vez máis graciñas a todos por converter en especial ese chuvioso
día de maio. Para ver todas as fotos clicade aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario