A XESTA DA NOSA AULA
Aínda
que nos pensamos que o mellor xeito de protexer a nosa escola é coidala entre
todos, quixemos poñer a xesta na portiña, continuar con esta fermosa tradición
e animar a todos a mandar a foto ao blogue http://enmupsico.blogspot.com.es/2012/04/onde-puxeches-o-maio.html.
Non puidemos colocala o primeiro de maio, a choiva non nos deixou saír a
apañala. Pero o que si fixemos foi reflexionar sobre que nos gustaría amparar:
o coche de papá, o tractor do avó, a súa bicicleta ou o máis importante e que me
deixou sen palabras: á súa irmanciña Flavia … Dende aquí, coa nosa xesta, esperamos
que todo o que para os cativos é importante quede protexido, especialmente
Flavia e Enma, que aínda que son demasiado pequerrechiñas para vir ao colexio,
xa forman parte da vida da aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario