domingo, 11 de marzo de 2018
jueves, 8 de marzo de 2018
SEMANA DA PRESA NA ESCOLA
Do 5 ao 9 de marzo, os centros
educativos galegos celebran a Semana da Prensa na Escola. Como a súa
conmemoración coincide co Día da Muller, en clase eliximos para traballar unha
nova que ten unha moza galega coma protagonista: Ana Peleteiro, bronce no mundial de atletismo cun salto de 14,40 metros.
Primeiro, en informática coa
axuda da mestra Olalla, os meniños buscaron a noticia na prensa dixital e viron
o vídeo do impresionante salto. Despois veu o más divertido, tentar imitalo na
clase de educación física. Mirade neste enlace que ben o pasaron os futuros campións olímpicos de Leiro.
Por último
tocoulle quenda á prensa en formato papel e ao noso traballo ao redor do nome do
xornal e da numeración das páxinas.
martes, 6 de marzo de 2018
MULLERES DA HISTORIA
Con
motivo do Día Internacional da Muller que se conmemora cada 8 de marzo, onte
comezamos un pequeno proxecto para coñecer algunhas das mulleres máis
importantes da historia contemporánea. Empezamos con Marie Curie, a primeira muller doutora en ciencias e a primeira persoa da
historia que recibiu dous premios Novel.
lunes, 5 de marzo de 2018
OS NOSOS CALDIÑOS
domingo, 4 de marzo de 2018
O COELLIÑO BRANCO
Xa fai
moito que fixeramos esta receita inspirada no conto “O coelliño branco”, pero
quedara pendente de publicala no noso blog. Un xeito divertido de animar aos
meniños a comer plátano. Nas vindeiras semanas continuaremos cociñando contos
que teñen ao ilustrador Óscar Villán como protagonista.
sábado, 3 de marzo de 2018
viernes, 2 de marzo de 2018
ROSAS E REPOLOS
Convertidos en rosas e repolos, os meniños xa remataron a ilustración
do poema de Rosalía que elixiran para decorar a biblioteca. Mirade na imaxe que riquiño lles quedou.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)