Do 5 ao 9 de marzo, os centros
educativos galegos celebran a Semana da Prensa na Escola. Como a súa
conmemoración coincide co Día da Muller, en clase eliximos para traballar unha
nova que ten unha moza galega coma protagonista: Ana Peleteiro, bronce no mundial de atletismo cun salto de 14,40 metros.
Primeiro, en informática coa
axuda da mestra Olalla, os meniños buscaron a noticia na prensa dixital e viron
o vídeo do impresionante salto. Despois veu o más divertido, tentar imitalo na
clase de educación física. Mirade neste enlace que ben o pasaron os futuros campións olímpicos de Leiro.
Por último
tocoulle quenda á prensa en formato papel e ao noso traballo ao redor do nome do
xornal e da numeración das páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario