A partir do poema de Rosalía “Miña casiña, meu lar” e co obxectivo de potenciar entre os meniños a
alimentación tradicional galega, estamos a coñecer os ingredientes do caldo
galego. Cada familia ten o seu xeito particular de elaboralo. Para continuar
traballando na aula necesitamos quemostredes aos nenos que alimentos adoitades empregar e os seus nomes.Trátase de animar aos meniños a probalos
todos e elixir os seus ingredientes favoritos.Por iso levaron hoxe para casa unha folliña para que coa axuda da
familia os escriban. Despois poden ilustrala cun debuxo ou a foto comendo o
caldiño da actividade da semana pasada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario