Unha vez
rematada a festa do Magosto, foron moitos os carozos que sobraron e quedaron na
escola. Como outros anos, decidimos reutilizalos e empregalos para un dos seus usos tradicionais e que
actualmente estase a perder: o xogo. Con eles podemos facer torres, camiños,
debuxos, letras …. Desenvolver as habilidades motoras probando a encestar,
lanzar, recibir, manter en equilibrio …
Traballar as matemáticas contando, xuntando, comparando, quitando … Mellorar
as habilidades sociais compartindo, colaborando, respectando as normas … Potenciar
a creatividade, a imaxinación, a fantasía
… Por se todo isto non fora suficiente, é un xoguete ecolóxico, biodegradable,
non pesa e ao caer non fai ruído nin rompe. Así que esta semana de recreos
chuviosos os meniños xogaron cos carozos e construíron, compartiron, crearon,
imaxinaron pero sobre todo se divertiron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario