Noa enviounos unhas bonitas fotos contándonos como xogara a atopar ovos de Pascua. Pareceunos unha excelente idea e decidimos imitala. Confeccionamos e decoramos ovos de papel. Despois, aproveitando o bo tempo da semana pasada, coa axuda da mestra Miriam e Ana xogamos a agochalos polo xardín. O máis divertido foi tentar atopar os que escondían os compañeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario