No terceiro trimestre sempre elaboramos un calendario do
vindeiro curso que dedicamos a un artista. Nesta ocasión, a pintora
protagonista é Frida Kahlo. En cada mes traballamos ao redor dunha das súas
obras á vez que coñecemos os feitos máis relevantes da súa vida a través de
diversa bibliografía. Paralelamente afianzamos o coñecemento da serie numérica
ata o 31, os días da semana e os meses do ano.
Como este ano andamos a voltas cos animaliños, nos cadros seleccionados os protagonistas son as mascotas de Frida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario