Continuando coa temática de animais nas nosas propostas
culinarias, chegoulle a quenda aos porquiños. Noa e Marta fixeron dúas versións diferentes pero igualmente divertidas.
Na imaxes tedes todo o proceso de elaboración da ópción de Noa e un resultado do máis saboroso e nutritivo. Está feita unha auténtica chef.
A nosa cociñeira Marta optou polo pan de molde coma base e o efecto foi tamén espectacular.
O noso cociñeiro Erik ademais elaborou a vaca e mandounos unha foto con ambos animais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario