Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta
Florencio Delgado. Son múltiples as actividades
desenvolvidas dende diferentes ámbitos para dar a coñecer a figura e obra do autor
homenaxeado. A ANPA da nosa escola uniuse a esta iniciativa convocando o IV
concurso de debuxo das Letras Galegas. Na nosa aula seleccionamos algúns
dos poemas que máis se adaptan as idades dos nosos alumnos e participamos
ilustrándoos.
Unha das estrofas que máis gustou na clase, foi unha que
fai referencia ao arco da vella. Como non podía ser doutro xeito, decidimos
levalo ás nosas propostas culinarias da fin de semana. A ver quen se anima a
cociñalo. Nos propuxemos unha receita con froitas pero neste enlace tedes outra
saudable versión con verduras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario