lunes, 16 de mayo de 2016

I CONCURSO DE DEBUXO DAS LETRAS GALEGAS


O concurso de debuxo organizado pola ANPA do noso colexio para conmemorar o Día das Letras Galegas, serviunos de incentivo para traballar ao redor dos poemas de Manuel María. Cada cativo escolleu, escribiu e ilustrou o seu favorito do libro “Os soños na gaiola” que ten publicado o autor. Como ademais había que incluír os datos persoais, repasamos os número de teléfono, a idade e ata o curso escolar. Levamos moito traballiño pero todos os meniños quedaron encantados co resultado. 

Non esquezades que mañá na Casa de Cultura de Ribadumia, ademais de entregar os premios aos gañadores do concurso, haberá contacontos, xogos, animación e sorteo de agasallos entre os asistentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario