Como cada
ano, para darlle a benvida á primavera, na nosa escola celebramos a festa dos
Maios. Aínda que a mañá comezou anunciando choiva, o sol foi gañando terreo e todos
puidemos gozar da nosa celebración no exterior.
Obradoiros de confección de colares, coroas e música con material de
refugallo da man de Matrácala,
iniciaron unha xornada chea de flores e fiúncho.
Despois da merenda, musica e bailes en
compañía das familias puxeron o punto final a un día cheo de actividades. Moitas
grazas a todos pola súa colaboración e, en especial, ao papá de Suevia e as
mamás de Breixo e Lucía, pola súa axuda na construción e decoración do Maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario