domingo, 9 de mayo de 2021

OS PAPAGAIOS DE FRIDA KAHLO

Seguimos avanzando no coñecemento da vida e obra da pintora Frida Kahlo a través das súas mascotas. Esta semana tocoulle quenda aos seus papagaios. Propoñemos levar esta ave á nosa creación culinaria da fin de semana. Coma sempre optamos por unha receita sinxeliña, neste enlace tedes outra versión e aquí unha máis complicada pero moi divertida. 

Noa xa se animou a realizar a nosa proposta empregando tamén néspera. Mirade nas fotos que ben lle saíu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario