Aínda que o día amenceu nubrado e algo fresco, tivemos unha xornada espectacular onde a auga foi a gran protagonista.
Mentres o sol non quentaba, a mestra Marta deleitounos cun divertido conto no que tíñamos que contar rás.
Despois, coa axuda da mestra Ana e Rebeca, construímos unha reciclando
un tubo de papel hixiénico.
Case sen
darnos conta o sol comezou a quentar e puidemos empezar cos xogos.
Primeiro coas camisetas postas, despois, ao entrar en
calor, foron sobrando.
Fixemos carreira, superamos obstáculos, recatamos animais...
Pero o mellor veu ao final cando comezou a batalla coas
pistolas de auga ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario