NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA
A nosa biblioteca escolar únese á proposta da Consellería
de Educación de facer de novembro o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Durante este período serán variadas as actividades
que realizaremos. Comezamos hoxe facendo experimentos de enerxía cun tubo de
papel de prata que nos deixou a mestra María de Ribadumia. Se tocábamos os dous
extremos transmitíamos a enerxía e comezaban a brillar as pequenas lámpadas de
cores. A través del comprobamos como a nosas mans son condutores eléctricos por
iso nunca debemos tocar os enchufes, os cables nin nada que teña electricidade.
Tamén comprobamos como o papel, o plástico ou o noso pelo non son condutores,
pero si a auga e o metal. E por último rexistramos os nosos descubrimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario