lunes, 27 de enero de 2020

CINZA

O xoves pasado, cando estivemos vendo no xornal as candidatas á ave do ano 2020, falamos da cor gris cinza do Aguilucho cenizo. Moitos nenos non sabían que era a borralla ou nunca a tocaron. Hoxe trouxemos a clase unha caixiña con ela, vimos a súa cor, comparámola coa da ave e comprobamos como mancha. Pero sobre todo os meniños o pasaron en grande experimentando co seu tacto e cos anaquiños de carbón que viñan mesturados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario