Os dinosauros chegaron ás nosas propostas culinarias da fin de semana cunha nutritiva receita a base de froitas. Nas fotos que nos enviaron as familias temos varias versión, todas espectaculares e divertidas.
A Aarón quedoulle xenial! Igualiño ao modelo.
Lúa incorporou o seu nome. Unha idea magnifica para
personificar as creacións. Ademais substituíu as pebidas de chocolate por arándanos,
unha opción moito máis saudable.
Brais contou coa inestimable axuda da súa irmá Lía.
E incorporou fresas e mandarina á receita, que ricas!
A nosa cociñeira Antía optou por unha versión máis
nutritiva a base de pera e uvas. Que boa idea!
Grazas familias por compartir as vosas creacións connosco!
No hay comentarios:
Publicar un comentario