Coa chegada do outono o parque da nosa escola énchese de
pequenos tesouros: castañas, ourizos, landras, follas de diferentes formas,
tamaños e cores … Con eles cada día a hora do recreo convértese nun recurso cheo
de posibilidades didácticas que aproveitamos de diversos xeitos.
A semana pasada a recollida e o reparto de castañas
serviunos para traballar as cantidades e o reconto. Cada meniño levou cinco
para casa. Se vos animades a cociñalas podedes enviarnos fotos ao correo e
comentarnos se estaban ricas.
Ás veces, desprender as castañas dos ourizos sen picarse tamén é todo un esforzo de coordinación.
As castañas gordas hainas que separar das planas que carecen de valor culinario, pero teñen un potencial impresionante para a creatividade artística. Mirade na imaxe que estegosauro máis espectacular fixeron Noa e Aarón empregando as castañas planas para as púas do lombo e as landras para as patas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario