Cada 2
de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo
de fomentar a lectura entre os máis pequenos. A data coincide co nacemento
do escritor Hans Christian Andersen,
autor de contos tan populares como “O parruliño feo” ou “O soldadiño de chumbo”.
A continuación déixovos un vídeo cunha recompilación deles, seguro que gozades
lembrándoos.
Para conmemorar
este día tan especial dende casa, propóñovos encher o blog de lecturas. Podedes
enviarnos fotos co voso libro favorito e contarnos que o fai tan especial. Mentres
que chegan, déixovos a imaxe que nos mandou Lía do libro e a nave espacial tan
chuliña que realizou tras a súa lectura.
Estes
días de confinamento son ideais para escoitar e soñar cos contos que tedes nos
seguintes enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario