Hoxe, como
cada ano por estas datas, con todos os nenos que rematan a súa etapa de
infantil, fixemos unha xornada de convivencia no que será o seu futuro colexio.
Para que os meniños se familiaricen co transporte escolar, collemos o autobús
na parada máis próxima á nosa escola. Ao chegar ao CPI Xulia Becerra Malvar,
fixemos xogos de presentación e despois comezaron as actividades. No transcurso
da maña, os cativos traballaron cos que serán os seus compañeiros o vindeiro
curso, asistiron a un concerto na aula de música, viron un contacontos en
inglés, visitaron as instalacións do centro e coñeceron a algunhas das mestras.
Case sen darnos conta chegou o momento de regresar á nosa escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario