O curso vai chegando o seu fin e con el o
momento de rematar os proxectos comezados. Aínda nos queda moito por coñecer do
país xermano pero temos que ir desmontando o noso recuncho. No transcurso da vindeira semana iremos devolvendo
os materiais ás familias que tan xenerosamente compartiron connosco. Hoxe realizamos
unha pequena merendola e probamos os alimentos producidos en Alemaña que
tíñamos: obleas, galletiñas, chocolate de améndoa, de abelás e o que máis éxito
tivo: o chocolate de iogur.
No hay comentarios:
Publicar un comentario