Onte foi
unha mañá intensa. Con motivo da visita
dos responsables da protectora de animais O Refugio de Cambados, os meniños chegaron á escola cargados de obxectos e materiais para doar. En nome de todos os animaliños que viven nas súas instalacións:
¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!. Despois de ver todos os produtos cos que podemos colaborar
e a gran utilidade que teñen, pasamos a realizar un marcapáxinas de canciños para conmemorar o día do libro que
se celebrará o próximo luns.
Mentres, as cociñeiras do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata” prepararon xogos e actividades para ensinarnos os beneficios de
incluír o peixe na nosa dieta. Case sen darnos conta, chegou o momento de
elaborar os bocatas cos ingredientes a gusto de cada comensal: atún, sardiña, mexillóns,
calamares … despois viñeron os agasallos: unha gorra e un receitario para
preparar ricos bocadillos.
Tras o recreo, veu Olga coas súas mascotas para
explicarnos o traballo que realizan na protectora e o seu programa de Educación en Valores. Pero sen lugar a dúbidas, o que máis nos gustaron foron as
mascotas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario