Continuamos mergullándonos na lingua de signos e aprendendo novas palabras, nesta ocasión co contiño “Limón”. Paralelamente estamos reescribíndoo e memorizándoo a través da súa versión musicada.
Por se queredes practicar tamén na casa, deixámosvos os seguintes vídeos.
E xa que andabamos a voltas cos limóns, non podíamos deixar pasar a oportunidade de ir velos á horta da escola. Había bastantes froitos e a mestra Ana da aula de natureza repartiu a colleita ente todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario