O pasado
día 21 de marzo, para conmemorar o Día da Lingua Materna, comezamos a traballar na aula ao redor dos trabalinguas.
Durante o terceiro trimestre imos xogar e recuperar estes ditos populares que
resultan difíciles de pronunciar sen se trabucar.
En clase aprendemos o do Cuco
que aparece na imaxe superior e que copiamos do libro de Everest “Trabalinguas”. Pero queremos coñecer moitos máis, principalmente aqueles que forman parte da tradición oral.
Por isto, hoxe comezou a funcionar un caderno viaxeiro que pasará por todos os fogares dos meniños para que, coa axuda da súa familia, escriban e ilustren un trabalinguas. Se queredes ir practicando tedes moitos exemplos en https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/page/2/
Para deseñar
a portada as maiores imitaron as letras de Óscar Villán que tanto lles gustan
facer. Despois
veu o máis complicado: ordenalas correctamente e ir seleccionado as que
faltaban para escribir a palabra correctamente.
Por isto, hoxe comezou a funcionar un caderno viaxeiro que pasará por todos os fogares dos meniños para que, coa axuda da súa familia, escriban e ilustren un trabalinguas. Se queredes ir practicando tedes moitos exemplos en https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/page/2/
No hay comentarios:
Publicar un comentario