lunes, 27 de junio de 2022

FESTA DA FROITA

 

Co obxectivo de fomentar unha opción de almorzo saudable nos recreos, este curso celebramos o Día Escolar da Froita. Dende primeira hora, a aula encheuse deste saboroso e nutritivo alimento. Ademais das que trouxo o alumnado, tíñamos preparada sandía, cereixas, fresas, plátano, mazá … que ricas!

E que mellor que o teu mercado para comprar froita de tempada e produtos locais? Dende a nosa escola unímonos á campaña “Quere o teu mercado” lendo o contiño “Ana e Xurxo celebran o Día do mercado” e repartindo agasallos cedidos dende o Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario