Á protagonista do conto ao redor do que andamos a traballar na clase, o que máis lle gusta é pintar. Pinta cousas de mil cores ... pero non pintou nunca un bico. De que cor será?
Nós decidimos simbolizalos con forma de corazón e cada alumno elixiu a cor coa que os vai representar.
Despois imos repartir os bicos entre todos os nosos
amigos. Queremos encher unha caixiña con eles, e telos gardadiños para cando fagan
falta. Para cando teñamos medo, botemos en falta aos compañeiros, esteamos
tristes … Sempre hai un bico para cada momento, e con eles, todo é máis doado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario