domingo, 27 de marzo de 2022

A HIXIENISTA DENTAL

 

O mércores pasado tivemos outra visita especial. Veu Maruxa, unha hixienista dental a falarnos da importancia de coidar a nosa dentadura. Contounos unha chea de curiosidades sobre os dentes dos animais do mundo e da importancia da alimentación no seu coidado.

Da súa man aprendemos que temos que lavarnos os dentes tres veces ao día e durante tres minutos. Para practicar tróuxonos unha boca xigante e un cepillo. Lembrounos que, nesta tarefa de hixiene bucal, non podemos deixar atrás a lingua, onde se acumulan multitude de xermes.

Para rematar deixounos unha bolsiñas con agasallos, consellos e unhas saborosas receitas para preparar merendas saudables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario