miércoles, 16 de junio de 2021

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

A  semana pasada, desenvolveuse na nosa escola o obradoiro titulado : Ti si que es un bo peixe. Coa axuda de Paula convertemos o areeiro da escola nun lugar ideal para mariscar. Apañamos vieiras, berberechos, ameixas … 


Aprendemos a medir o tamaño e descubrimos a importancia de devolver ao mar os exemplares que non acadan o calibre mínimo.

Despois vimos diferentes tipos de redes e xogamos a pescar con elas.

Por último chegou o momento de ver como funciona unha lonxa e realizamos unha poxa.


Cando rematamos todas estas actividades, veu Teresa con agasallos e uns saborosos menús a base de peixe que levamos para degustar en familia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario