O verán
vai chegando ao seu fin e o castiñeiro da escola empeza a darnos os seus
froitos. Grazas a el, hoxe os pequenos descubriron de onde saen os ourizos, que
teñen no seu interior e como conseguir sacar as castañas sen picarse. Entre todos
apañamos unha chea delas.
En clase separamos algunhas
que tiñan buratiños e realizamos un novo descubrimento: as eirugas do seu
interior. Vimos como se desprazaban estes animaliños e os danos que ocasionaban
no froito. Despois chegou o momento de repartilas e aproveitamos para contar e
traballar a serie numérica e a estabilidade no reconto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario