Como
todos os anos, o nome propio é o primeiro tipo de texto ao redor do que estamos
a traballar. Ademais de servir para identificar as nosas cousas, o nome propio axuda aos máis pequenos a descubrir a linguaxe
escrita. Por este motivo, hoxe
todos levaron para casa un cartel con el en grao de complexidade crecente
dependendo da súa idade.
Axudade ao voso fillo a colocalo nun lugar visible (na porta da habitación ou armario, na neveira da cociña, no seu escritorio …) para que dispoña dun modelo para reproducilo e poder avanzar na aprendizaxe da linguaxe escrita. Se vos animades, enviarnos unha foto do sitio escollido a escoladeleiro@gmail.com e publicaremos as imaxes no noso blog, seguro que aos cativos lle gusta velas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario